¿Quen somos?
- Detalles
- Creado en Jueves, 04 Febrero 2010 05:03
- Última actualización en Viernes, 12 Febrero 2010 10:13
- Escrito por Administrador
- Visitas: 5001
Breve presentación da Asociación.
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, é unha Organización non Gobernamental e sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia con número 2004/007037. ten a súa sede social na cidade de Vigo, Rúa Alcalde Gregorio Espino nº 57.
A finalidade de SOGAPS e doble. Por unha parte pretende mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos; por outra parte, dende o ano 1990 que se creou o movemento solidario en Galicia co nome Amigos do Pobo Saharaui, mais tarde Asociación Galega de Axuda o Sáhara, pasando desde o ano 2004 a Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, o obxetivo sigue sendo o de dar resposta as necesidades de planificación e mellora na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida os refuxiados saharauis que se da na nosa Comunidade a petición e coordinación da Delegación Saharaui para Galicia.
En función dos fins e obxectivos que se perseguen desde esta entidade, os cales veñen marcados nos estatutos da mesma, elaborase un programa de actividades anual. En base a isto, podemos afirmar que as actividades desenroladas divídense en dous grupos en función do obxectivo perseguido polas mesmas. En primeiro lugar, inclúense no programa actividades de sensibilización da poboación tales como organización e / ou participación en charlas e coloquios, montaxe de exposicións fotográficas, realización de concertos solidarios e outros actos culturais. En segundo lugar desenrolamos Proxectos de Cooperación o Desenrolo, Proxectos de Axuda Humanitaria e de Emerxencia e Proxectos de Formación os traballadores tales como equipamento (camións, ambulancias, aparatos médicos,material informático, placas solares .......), envío de alimentos e outros materiais (material escolar, roupa e calzado, etc.). Tódolos proxectos e programas que se levan a cabo así como diversas actividades reivindicativas e de sensibilización execútanse en estreita colaboración e coordinación coa Delegación Saharaui para Galicia que á súa vez supervisa o seguimento e avaliación dos mesmos a través da Media Luna Roja Saharaui e o resto das institucións do goberno saharaui.
O Ministerio de Cooperación Saharaui E Media Luna Roja saharaui son as dúas únicas entidades que determinan as prioridades respecto as necesidades da poboación refuxiada en cada momento a través da Delegación Saharaui en Galicia.
Co fin de traballar en coordinación existen comisións de traballo: Comisión de Caravana e Proxectos, Comisión de Política e Difusión, Comisión de Vacacións en Paz, Comisión de Dereitos Humanos e Comisión Médica.
Entre as actividades propulsadas dende SOGAPS debemos destacar a seguintes:
- Proxecto de cooperación o desenrolo:
Construción de 22 vivendas no Barrio da Solidariedade en Tifariti, Sáhara
Occidental. Fomentando a formación da población refugiada saharaui en actividades de construcción, mellorando a saude i evitando problemas de aillamento e as consecuencias dos cambios de temperatura sobre a saude da poboación . Fomentase a producción en materia de vivenda e emprego coa construcción e mantemento das citadas vivendas.
- Proxectos de Axuda Humanitaria e de Emerxencia:
“Caravana pola paz” Axuda alimentaria a os refuxiados saharauis.
Obxectivo Xeral
Melloradas as condicións de vida da Poboación Saharaui refuxiada nos Campamentos de Tindouf
(Alxeria)
Obxectivo Específico
Mellorada a alimentación da Poboación Saharaui refuxiada nos Campamentos de Tindouf (Alxeria)
ü Lanzamos unha campaña de recollida de alimentos (arroz, azucre,aceite de oliva, leite en po, atún, xabón en pastillas e champú):
- Editamos de carteis,
- Presentamos publicamente a campaña – emitimos un comunicado de prensa
- Pegamos de carteis
- Desenrolamos a campaña nos centros escolares das localidades nas que hai presenza de delegados de zona da Asociación.
ü Organizamos e preparamos os alimentos recollidos en caixas separadas por alimentos.
ü Compramos os vehículos a través dos que enviamos os alimentos recollidos durante o desenvolvemento da campaña.
ü Cargamos os alimentos nos vehículos comprados.
ü Enviamos os vehículos cargados ao porto de Alicante para que sexan trasladados ata Oran.
ü Desprazáronse os vehículos desde Oran ata os Campamentos de Refuxiados Saharauis.
ü Distribuímos os alimentos entre a poboación saharaui refuxiada.
Pasados 2 meses de execución do proxecto, observamos que contribuímos na mellora das condicións de vida da poboación saharaui refuxiada.
Unha vez executada a campaña e os produtos foron distribuídos os refuxiados saharauis dispoñen de 100 toneladas de alimentos variados así como produtos de hixiene persoal.
- Proxecto Sanitario en Smara:
O proxecto consiste en mellorar o nivel de saúde e disminuír a mortalidade da poboación que reside nos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf - Alxeria. Neste caso concreto na Wilaya de Smara.
O apoio sanitario realizado por esta asociación nos últimos anos, gañouse a credibilidade e confianza da poboación local que é fundamental para o éxito do proxecto. Este recoñecemento faise extensivo ás autoridades saharauis, que este ano debido ás necesidades sanitarias, pídennos un proxecto que abarque non só as necesidades da poboación infantil senón a toda a poboación en xeral.
Composición da Xunta Directiva:
Preisdenta: Maite Isla
Secretario: Juan Soutelo
Tesoreiro: Fernando Casal
Vice. A Coruña: Sonia Velo
Vice. Lugo: Noelia Gómez
Vice. Ourense: America López
Vice. Pontevedra: Isabel Touceda
Vogais:
Alejandra Sayar (Enlace coa coordinadora estatal e relacións cos socios)
Maite Martínez (Muller, montaxe de haimas e exposicións)
Carlos Ruiz Miguel (Dereitos humanos, zonas ocupadas, recursos naturais e xuristas)
Araceli Vázquez (Xuventude e almacén)
Sema Pérez (Proxectos e charlas nos colexios)
Luis Ayala, Benigno López, Bernardo Porto, Emilio Portela, Fito Álvarez e Carlos Leiros (Axuda humanitaria, caravana, lotería, festivais, ceas, etc...)
Colaboradores:
Bernardo Lisardo Porto (Comisión médica)
Conchi Fernández (Páxina web e material de difusión)
Roberto Mera (Comunicación, movilización e mocions de apoio)
Santiago Ximenez (Universidade)














“Marruecos no tiene ningún derecho sobre el Sáhara”
