Rúa Gregorio Espino 57 Bajo - 36205 Vigo - Tel 986 26 26 37 / 986 66 06 56 Fax 986 26 26 37 / 986 66 99 02

Email: asociacionsogaps@yahoo.es

Proxecto Vacacións en Paz 2010

 

FICHA TÉCNICA DO PROGRAMA

 

TíTULO DO PROXECTO: “Programa Vacacións en Paz 2010”

 

DESTINATARIO: Nenos e nenas saharauis durante os meses de Xullo e Agosto

 

UBICACIÓN: Comunidade Autónoma de Galicia

 

PROCEDENCIA: Campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria)

 

CUSTO UNITARIO POR CADA MENOR: 690€

                        Dito custo inclúe:

·         Billete de ida e volta

·         Póliza de seguro de responsabilidade civil

·         Gastos e billetes de acompañantes e de manutención

·         Gastos de xestión do programa

 

 

DATA DE PAGO: As liñas aéreas alxerianas esixen que o pago sexa efectuado con      anterioridade ó 30 de abril do 2010 para proceder as reservas dos voos chárter. Prégase que a subvención sexa aboada antes desta data.

 

 

ENTIDADE SOLICITANTE

NOME: Solidariedade Galega Co Pobo Saharaui

CIF: G-15924558

ENDEREZO: Avenida do alcalde Gregorio Espino, 57 baixo

TELÉFONO: 986262637 // 986660656

FAX: 986669902// 986262637

ENDEREZO ELECTRÓNICO: asociacionsogaps@yahoo.es

PÁXINA WEB: www.sogaps.org

CONTA CORRENTE: 2080 0409 20 0040113233

TITULAR DA CONTA: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

ENTIDADE: Caixanova

 

ORGANISMO QUE SUBVENCIONA

 

                                      

 

1- DATOS DA ONG SOLICITANTE:

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, é  unha Organización non Gobernamental e sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia con número 2004/007037. ten a súa sede social na cidade de Vigo, Rúa Alcalde Gregorio Espino nº 57.

A finalidade de SOGAPS e doble. Por unha parte pretende mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos; por outra parte, dende o ano 1990 que se creou o movemento solidario en Galicia co nome Amigos do Pobo Saharaui, mais tarde Asociación Galega de Axuda o Sáhara, pasando desde o ano 2004 a Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, o obxetivo sigue sendo o de dar resposta as necesidades de planificación e mellora na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida os refuxiados saharauis que se da na nosa Comunidade a petición e coordinación da Delegación Saharaui para Galicia.

En función dos  fins e obxectivos que se perseguen desde esta entidade, os cales veñen marcados nos estatutos da mesma, elaborase un programa de actividades anual. En base a isto, podemos afirmar que as actividades desenroladas divídense en dous grupos en función do obxectivo perseguido polas mesmas. En primeiro lugar, inclúense no programa actividades de sensibilización da poboación tales como organización e / ou participación en charlas e coloquios, montaxe de exposicións fotográficas, realización de concertos solidarios e outros actos culturais. En segundo lugar desenrolamos Proxectos de Cooperación o Desenrolo, Proxectos de Axuda Humanitaria e de Emerxencia e Proxectos de Formación os traballadores tales como equipamento (camións, ambulancias, aparatos médicos,material informático, placas solares .......), envío de alimentos e outros materiais (material escolar, roupa e calzado, etc.). Tódolos proxectos e programas que se levan a cabo así como diversas actividades reivindicativas e de sensibilización execútanse en estreita colaboración e coordinación coa Delegación Saharaui para Galicia que á súa vez supervisa o seguimento e avaliación dos mesmos a través da  Media Luna Roja Saharaui e o resto das institucións do goberno saharaui.

O Ministerio de Cooperación Saharaui E Media Luna Roja saharaui son as dúas únicas entidades que determinan as prioridades respecto as necesidades da poboación refuxiada en cada momento a través da Delegación Saharaui en Galicia.

Co fin de traballar en coordinación existen  comisións de traballo: Comisión de Caravana e Proxectos, Comisión de Política e Difusión, Comisión de Vacacións en Paz, Comisión de Dereitos Humanos e Comisión Médica.

Entre as actividades propulsadas dende SOGAPS debemos destacar o desenrolo dun programa de Acollemento Familiar Temporal (Vacacións en Paz).  

 

 

2-FILOSOFÍA DO PROGRAMA

 

 

As vacacións en paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauis. Tratase, xa que logo, de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos as súas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharaui. 

 

Estes nenos naceron nos campamentos de refuxiados saharauis situados dende fai máis de 33 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-Saharaui; é dicir, son fillos dos Saharauis que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español en 1975. A vida destes nenos, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharaui, privada do máis elemental e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.

 

Dende o punto de vista afectivo, España representa algo especial para os saharauis polos lazos históricos, culturais e humanos. De feito, os Saharauis pertencen á comunidade de hispano-falantes e aínda conservan con esmero o español como segundo idioma.

 

 

3-OBXETIVOS DO PROGRAMA.

 

3.1-OBXECTIVO XERAL

 

 

Trasladar a nenos/as saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas.

 

 

3.2-OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

 

 

a-     Reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven.

 

b-     Facilitar asistencia médica e de alimentación

c-     Promover, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidariedade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade.

 

d-     Perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelán e galega que estudan nos seus programas escolares.

 

e-     Ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre.

f-       Evitar a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto por teren as temperaturas máis altas (máis de 50º)

 

 

4-ACTIVIDADES Y ACCIONES QUE SE VAN A DESARROLLAR

 

4.1.BÚSQUEDA DE FAMILIAS

Dende a propia SOGAPS editaranse trípticos e carteis comúns para tódalas  institucións que participen do proxecto así como se enviarán comunicados de prensa e participarase en entrevistas en diferentes medios de comunicación.

4.2. SELECCIÓN DE FAMILIAS

Realizarase a través dos responsables del proxecto ou nos servizos sociais dos concellos.

   Despois da experiencia adquirida tras as sucesivas edicións do programa, cada vez que anualmente se realiza unha nova convocatoria de selección de familias esíxese como criterios básicos:

                           Voluntariedade

                           Dispoñibilidade

                           Responsabilidade ante a protección e necesidades do menor.

A selección de familias séguelle o proceso de preparación das mesmas a través do que se lles comunican cales son os seus dereitos e deberes como familia acolledora así como as características xenerais dos nenos e nenas en canto a cultura, modo de vida, medio no que viven, etc. As técnicas utilizadas na preparación son as entrevistas familiares e dinámicas de grupo entre tódalas familias acolledoras de cada concello.

4.3.CONFECCIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS. ASIGNACIÓN DE MENORES A FAMILIAS.

Dende os Campamentos de Refuxiados envíasenos un listado de menores que responde (en número) a aqueles solicitados previamente. Tratase pois de asignar as familias seleccionadas os nenos e nenas que veñen nos listados e de solicitar as familias a documentación esixida tanto pola Subdirección do Menor da Xunta de Galicia como por as Subdelegacións do Goberno.

 

 

 

4.4.SOLICITUDES ADMINISTRATIVAS.

Consiste na organización de toda a documentación das familias mais a solicitude de diferentes permisos como:

 

  -Solicitude de asistencia sanitaria para os menores e os seus acompañantes a través do SERGAS.

 

-Solicitude de permiso á Subdirección do Menor da Xunta de Galicia.

 

   -Solicitude de Visados a través da Subdelegación do Goberno.

4.5.REVISIONS SANITARIAS

Os responsables deben asegurarse de que a todos os menores se lles practique un exame de saúde exhaustivo seguindo os criterios e parámetros marcados pola comisión médica desta asociación.

4.6.- ENCONTRO DE NENOS E NENAS SAHARAUIS DA COMUNIDADE DE GALICIA.

Cada ano SOGAPS, encargase de organizar un día de convivencia entre tódolos nenos e nenas acollidos na Comunidade  e as súas familias de acollida. Tratase dun día de encontro entre tódolos nenos e un día para compartir a experiencia do acollemento entre tódalas familias.

 

 

 

 

 

5-RECURSOS ECONÓMICOS

 

 

1.     Conseguir o financiamento necesario para sufragar os gastos inherentes ao traslado dos nenos desde o aeroporto de Tindouf (Alxeria) a Santiago de Compostela.

2.       Conseguir financiamento para os gastos derivados do traslado e a estancia dos monitores e acompañantes que viaxan cos nenos.

3.        Conseguir financiamento para os gastos derivados da xestión e organización do programa.

4.       Conseguir financiamento para o traslado dos nenos ao aeroporto  de Santiago de Compostela ao Concello e viceversa

5.        Conseguir financiamento para unha póliza de seguro colectivo que cubra a responsabilidade civil.

6.        Mediante a sinatura dun convenio coa Consellería de Sanidade – SERGAS, garantir a asistencia sanitaria dos nenos.

 

 

6-RECURSOS HUMANOS

 

a-  Responsables do proxecto Vacacións en Paz,

 

b- Familias acolledoras. As familias seleccionadas asinarán con SOLIDARIDADE      GALEGA CO POBO SAHARAUI, un contrato de acollida e emitirase un informe  de  cada unha delas. Os responsables do proxecto emitiran dito informe unha vez   valorado o protocolo de entrevista de idoneidade.

 

d- Comisión Médica.

 

e-     Monitores e acompañantes. A lei internacional de seguridade aérea esixe que

os menores deben viaxar con acompañantes e é por iso que debemos contar con algúns adultos saharauis. 

 

f-       Membros da Xunta Directiva.

g-     Técnicos dos Concellos.

h-     Coordinadores de zona.

 

 

7- COMPROMISO DOS CONCELLOS

 

 

1.       Financiamento dos billetes dos nenos.

 

2.      Antes do 1 de febreiro temos que ter a resposta do Concello dos nenos que vai a financiar para o proxecto “Vacacións en Paz 2010”. Xa que de non ter resposta non poderemos solicitar os nenos destinados a ese Concello as Xuventudes Saharauis.

 

3.      O pagamento do proxecto “Vacacións en paz 2010” efectuarase antes do 30 de abril do 2010.

 

4.       Firmar un convenio de colaboración entre o Concello e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

 

5.       Recepción no Concello e presenza na entrega dos nenos ás familias acolledoras.

 

6.      Presenza no acto de despedida dos nenos.

7.        Designar un técnico/a do Concello que levará o programa cos Responsables do Proxecto.

 

8.      En colaboración con SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI, difundir o Programa Vacacións en Paz e colaboración na selección das familias acolledoras a través do Departamento de Servizos Sociais.

 

 

8- COMPROMISO DAS FAMILIAS ACOLLEDORAS

 

 

1.      Asistir ás reunións informativas convocadas por SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI.

 

2.       Coidar e manter o neno.

3.       Acompañalo ás revisións médicas.

4.       Acompañalo nas actividades organizadas por SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARUI.

 

5.      Informar semanalmente o coordinador de zona da situación do neno.

6.      Entregarllo aos representantes de SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI o día, hora e lugar sinalado para a súa volta aos campamentos, unha vez termine o Programa Vacacións en Paz.

 

7.       Se  o neno precisase tratamento médico, a familia notificarallo a responsable da comisión médica de SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI ou ben a responsable do programa “Vacacións en Paz”.

 

8.      Non incoar ningún expediente de adopción ou acollemento temporal respecto dos nenos acollidos deste programa.

 

 

9-TEMPORALIZACIÓN

 

O programa desenvolverase desde finais de xuño ata principios de setembro de 2010. Ten unha duración aproximada de dous meses. Todos os nenos regresarán ao seu lugar de orixe unha vez que finalice o programa.

 

10- AVALIACIÓN

 

Ao finalizar o programa, farase unha avaliación para comprobar se se conseguiron os obxectivos fixados neste.

 

 

11- OUTRAS INFORMACIONS

 

a- A Delegación Saharaui para Galicia que leva a patria potestade dos menores, reserva o dereito de non entregar os nenos as familias que a Delegación vexa que non é oportuno, e reserva tamén o dereito de retiralos das familias que sexa oportuno facelo polo ven do menor.

b- Nos concellos que conten co asesoramento dun monitor, as familias poderán recorrer a el para resolver calquera dúbida en canto o idioma.

c- SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI, a Delegación do Goberno Saharaui en Galicia e os monitores están a disposición das familias para asesoralas e axudalas a resolver os problemas que poidan xurdir.

 

    SOLICITUDE DE ACOLLIDA TEMPORAL DE MENORES SAHARAUIS

 

Dona....................................................................D.N.I. .....................................

 

Don......................................................................D.N.I.......................................

 

Enderezo............................................................................................................

 

C.P............................ Poboación......................................................................................................

 

Teléfono...........................................Móbil............................................Fax.......................................

 

Enderezo electrónico........................................................................................................................

 

Nº de membros da unidade familiar......................Nº de membros maiores de idade......................

 

Nº de nenos................... Idades.......................Nº de nenas........................Idades..........................

 

 

 

            A familia arriba solicitante subscríbese ao programa “VACACIÓNS EN PAZ 2010”e asume os seguintes compromisos:

 

·    Acoller no seu fogar ó neno/a Saharaui que lle sexa adxudicado polos responsables do programa, en colaboración cos delegados de zona, independentemente do seu sexo ou idade (7-13 anos).

·    Coidar e manter ó neno e acompañalo ás revisións médicas e ás actividades organizadas pola Asociación ou Delegación. Se non se pode acompañar ás actividades, entregaráselle o neno ó delegado de zona, á hora e lugar que este lle indique.

·    Informar semanalmente ós delegados de zona da situación do menor.

·    Non incoar ningún expediente de acollida temporal ou permanente.

·  Non incoar ningún expediente de adopción nin de residencia de estranxeiros en España.

·   Entregar o neno Saharaui ós representantes da asociación o día, hora e lugar sinalado para a súa volta.

·    O regreso dos nenos/as saharauis a os Campamentos de refuxiados nos supón gasto ao erario público unha vez finalizado o Programa.

·    Calquera familia está no seu lexitimo dereito de non adquirir estes compromisos pero non poderá participar no programa “Vacacións en Paz 2010”

 

            A Subdirección do menor asumirá a tutela dos menores que por motivos médicos queden en Galicia.

            A Subdirección Xeral do Menor da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar comunicaralle a asunción da tutela ó Ministerio Fiscal de conformidade co establecido no art. 172 do Código Civil e 182 da Lei 3/97 da familia, infancia e adolescencia.

                                                                                                                                                           

 

           A Delegación Saharaui para Galicia, quen leva a patria potestade dos menores, resérvase o dereito de non entregar os nenos/as ás familias que dita Delegación considere oportuno e reserva tamén o dereito de retirar os nenos/as das familias que sexa conveniente facelo polo ben do menor.

 

   A asociación ten concertada unha póliza de seguro colectivo, así coma un acordo de asistencia sanitaria co SERGAS.

 

    A asociación, a Delegación e os monitores, están a disposición das familias para asesoralas e axudalas a resolver os problemas que poidan xurdir.

 

 

 

 

 

O nome do neno/a adxudicado é:

 

 

    ....................................................................................................................................................

 

 

Asdo:

Pola familia acolledora                                                                                 Pola asociación

Enterada e conforme

 

 

 

 

 

En ............................................ a ........................... de .................................... de 2010

 

 

Protocolo de entrevista da valoración do programa “Vacacións en Paz 2010”

 

 

Dña……………………………………….....................……………….….D.N.I…………...........

D…………………………………………....................…………………..D.N.I…………............

Idades……………………………...................…….………………………………………………

Profesións……………………………....................……………………………………………….

Teléfonos…………………….....................………………………………………………………..

 

·        Motivacións persoais do acollemento

 

 

 

 

 

 

·        Número de membros da unidade familiar e idades

 

 

 

 

 

 

·        ¿Coñecen os seus fillos e demais membros da unidade familiar esta decisión?

 

 

·        ¿Que opinan dela?

 

 

 

 

 

 

·        ¿Coñecen e aceptan que é un programa cunha temporalidade de dous meses?

 

 

 

 

 

 

 

 

·        ¿Teñen solicitado ou ten intención de adoptar a un menor?

 

 

 

·        ¿Están dispostos a aceptar as características do menor e da súa familia de orixe e os contactos entre o menor e a súa familia biolóxica?

 

 

 

 

·        Están dispostos a asistir a cursos de formación e acudir o departamento de servizos sociais cando se dispoña a súa presenza co fin de favorecer a relación entre vostedes e o menor?

 

 

 

·        ¿Acepta a intervención e supervisión do persoal responsable do programa?

 

 

 

·        ¿Teñen capacidade para cubrir as necesidades básicas do menor?

 

 

 

·        Que pensa que lle pode aportar a convivencia na súa unidade familiar o menor?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

·        ¿Que espazos teñen na súa vivenda?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

·        ¿Coinciden as súas vacacións coa estancia do menor na súa casa?

 

 

 

 

·        ¿Coñece a problemática Saharaui?

 

 

 

 

·        ¿Acepta que o presente acollemento non da dereito a adoptar o menor acollido?

 

 

 

 

 

·        ¿Renuncia a incoar ningún expediente de adopción ou acollemento permanente?

 

 

 

 

 

Asinado: A familia solicitante do acollemento

 

 

 

 

 

 

 

 

              ..............................................................................................................................

 

 

 

Valoración familiar de acollemento temporal de menores saharauis

 

 

A/O Técnico/a ............………........…………………………………………………. do Concello de …………………………………………………………............certifica que a familia formada por …………………………………………………………………....................................................................

……………………………………………………………………………………......cumpre os requisitos para participar no programa “Vacacións en Paz 2010” e acoller temporalmente a un menor saharaui.

 

 

 

Asinado:

 

 

 

 

………………………………………………............................................................................................

Técnico/a do concello de ..............................................................................................................

 

 

 

*Esta valoración será favorable sempre que non este desestimada por as subdelegacións do goberno ou por a subdirección do menor da Xunta de Galicia por antecedentes da familia acolledora.

 

 

 

Valoración familiar de acollemento temporal de menores saharauis

 

 

Os responsables do programa “Vacacións en Paz” certifican que a familia formada por ………………………………………………………………….................................................................... cumpre os requisitos para participar no programa “Vacacións en Paz 2010” e acoller temporalmente a un menor saharaui.

 

 

Asinado:                                                                     Asinado:

Pola Asociación                                                        Pola Delegación

*Esta valoración será favorable sempre que non este desestimada polas subdelegacións do goberno ou pola subdirección do menor da Xunta de Galicia por antecedentes da familia acolledora.

 

 

 


RocketTheme Joomla Templates